PLAN CAMIÑA RURAL 2026-2027
O Concello de Paderne de Allariz é beneficiario da subvención do Plan Camiña Rural 2026-2027 da Consellería do Medio Rural por importe de 37.773,00 € ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027. O proxecto subvencionado foi “Actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, no Concello de Paderne de Allariz- Acceso ao núcleo de Cantoña” cun orzamento de 45.705,33 €.
A obra foi adxudicada á empresa “Construcciones y almacenes Manuel Viso e Hijos, S.L.”

