CHARLAS PARA FAMILIAS: DO DESACORDO O ENTENDEMENTO NA ADOLESCENCIA
CHARLAS PARA FAMILIAS: “DO DESACORDO O ENTENDEMENTO NA ADOLESCENCIA”.
Apoiando a adolescencia a través da conexión.
Dende o Servizo de Apoio familiar do Concello de Paderne de Allariz vimos de organizar a 2ª edición de “Educando Fermoso”, cun programa de charlas e obradoiros para nais e pais, profeisonais e persoas interesadas na educación ou na crianza.
Neste ocasión, xirarán entorno a etapa vital da adolescencia, buscando mellorar a nosa comprensión e conexión coa adolescencia e favorecer as relacións positivas cos fillos e fillas.
A través dunha metodoloxía práctica e participativa, ofrecerán ferramentas para xestionar os desafíos cotiáns a través dunha crianza conscientes, en liña con enfoques como a Pedagoxía Adleriana, as propostas de María Soto ou as novas tendencias de parentalidade positiva.
O programa axudaranos a:
• Comprender o comportamento dos adolescentes desde a perspectiva da emoción e a necesidade.
• Mellorar a comunicación e os vínculos familiares.
• Aplicar alternativas eficaces ás recompensas e aos castigos.
• Promover a responsabilidade, a cooperación e o respecto.
As datas das charlas-coloquio serán as seguintes:
• “O cerebro adolescente: É tan diferente o noso?”: 16 de maio as 10:30h.
• “A linguaxe da motivación como alternativa os premios e castigos”: 30 de maio, as 10:30h.
• “Ferramentas para a conexión cos nosos fillos”: 10 de outubro as 10:30h.
• “Prevención e atención fronte a violencia real e dixital”: 24 de outubro as 10:30h.
Non desaproveites a ocasión de participar nesta programación!
Un espazo para aprender, compartir e gañar confianza como nais e pais, cun obxectivo claro: apoiar o desenvolvemento dos adolescentes con respecto, firmeza e conexión.
A entrada é de balde, pero é necesario confirmar a asistencia a cada charla nos Servizos Sociais do concello, no teléfono 988293000, no email servizossociaisconcellodepaderne@hotmail.com.


