BANDO FAIXAS PRIORITARIAS MAIO 26
DON MANUEL PÉREZ NOVOA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ
FAI SABER
En virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, lembrase que o concello ten 3 parroquia/as PRIORIZADA/AS.

Este convenio, permite formalizar contratos de xestión de biomasa ca empresa SEAGA a un coste reducido de 420 euros por hectárea e ano (0,042€/ m 2 )
Os titulares das parcelas ou representantes que desexen acollerse a limpeza de predios nas parroquias PRIORIZADAS, poden achegarse polo concello onde dispoñen de un novo modelo de contrato a cubrir e serán informados dos predios e superficie afectada

Tamén poden consultar a superficie afectada do/s seus predios VISOR público con enlace
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
O que se fai público para xeral coñecemento,
Paderne de Allariz
O ALCALDE
DOCUMENTO OFICIAL : BANDO FAIXAS PRIORITARIAS MAIO 26
