Benvido á páxina do Concello de Paderne de Allariz, o cal teño a honra de presidir.
Desde a web queremos abrir unha ventá ao día a día dos nosos veciños con información de interese e a posibilidade de realizar trámites online, pero tamén saudar a quen a visite para coñecernos algo mellor.
Convídote a coñecernos, non só a través do contido que vas atopar se continúas lendo, senón no día a día dun pobo cheo de gañas de recibir aos que se achegan buscando o contrapeso á cidade, en Paderne de Allariz ofrecemos calidade de vida.
Paderne de Allariz é natureza a tiro de pedra da cidade de Ourense. Somos un concello que vive con intensidade o seu patrimonio natural. A nosa paisaxe pódese desfrutar percorrendo os nosos numerosos sendeiros, con rutas tan antigas como a da Santa da Pedra, ou recentes como a subida ao bambán do Falbán, recibindo infinidade de visitantes durante todo o ano.
O noso carácter agrario forma parte da identidade no noso concello, orixe dos conxuntos de hórreos que non deixan indiferente a ninguén que pasa xunto a eles. Formamos parte da chaira do Val da Rabeda, verce da nosa economía e no cal temos postas moitas das nosas propostas de futuro.