1. ASPECTOS XERAIS E TERMOS DE USO
De conformidade a Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (en diante, LSSI-CE) e ao disposto no Art. 10, así como no Regulamento Xeral de Protección de Datos 679/2016 (en diante, RXPD) e da, Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, LOPDGDD), facilítase a seguinte Información Xeral en canto as “Condicións de Uso” que regulan o presente Sitio Web.
As persoas usuarias do Sitio Web de Internet Concello de Paderne de Allariz do dominio https://padernedeallariz.net (en diante, Sitio Web) é titularidade do Concello de Paderne de Allariz. Trátase dun Sitio Web posto a disposición da persoa “usuaria” ca finalidade de facilitar información xeral dos diferentes servizos do Concello e xestións propias da organización municipal, sendo este TITULAR/RESPONSABLE DO TRATAMENTO.
Datos do Titular / Responsable do Tratamento: CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ
NIF: P3205600D
Enderezo: Rúa Rioseco, 7 Paderne de Allariz (32111) Ourense (ES)
Teléfono: 988293000
Contacto E-mail: paderne@concellodepaderne.net
Datos do Delegado en Protección de Datos (en diante, DPD) é contacto a efectos de notificacións ou exercicio dos dereitos de interesados:
- Nome Delegada de Protección de Datos: Delia Pérez
- Contacto correo electrónico: paderne@concellodepaderne.net
- Correo Postal-Rexistro Xeral do Concello: Rúa Rioseco, 7 Paderne de Allariz (32111) Ourense (ES)
- Sede Electrónica: https://padernedeallariz.sedelectronica.gal/
- Outros: contemplados na normativa vixente.
2. CONDICIÓNS E TERMOS DE USO
Obrigacións Usuarios
Por medio do presente, informase a persoa “Usuaria” que o uso deste Sitio Web implica a expresa e plena aceptación desta condicións xerais no intre en que a persoa usuaria acceda o mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que se puidesen aplicar a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web.
Aquela persoa usuaria, obrígase ao cumprimento destas condicións e termos de uso, obrando sempre conforme á lei, boas costumes e esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada do servizo e non podendo facer uso deste Sitio Web de xeito que poida danar ou impedir o seu normal funcionamento ou os servizos ofertados no Sitio Web.
Todos aqueles distintivos, marcas, nomes comerciais, contidos (textos, imaxes, programas, ligazóns e demais contidos audiovisuais) que poidan aparecer no Sitio Web, así como a súa estrutura, deseño e presentación dos elementos e aquela información que contén este Sitio Web do Concello están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual. Para a persoa usuario do Sitio Web, queda prohibido o albergar ou almacenar, comunicar publicamente ou compartir os elementos referidos neste apartado sen autorización expresa do Titular.
En particular, a persoa “Usuaria” deste Sitio Web obrígase a:
- Non introducir, almacenar ou difundir no Sitio Web ou dende el, calquera información ou material que fose difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, e que incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou calquera xeito que atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, o honor, a intimidade ou a imaxe de terceiras persoas e, en xeral, que vulnere a actual normativa vixente española e/ou do seu país de residencia.
- A persoa “Usaria” queda obrigada e comprométese a non destruír, alterar, ou danar os datos, informacións que poidan aparecer, así como programas, documentos electrónicos que poidan aparecer no Sitio Web, tanto das persoas usuarias ou daquelas terceiras persoas en xeral. Queda pohibido introducir ou difundir neste Sitio Web ningún programa de ordenador, datos, virus, código, ou calquera outro que sexa susceptible de causar danos ou calquera tipo de alteración no Sitio Web, en calquera dos servizos, ou equipos, sistemas ou redes do Concello, tampouco do resto de usuarios en xeral, cando esto poida impedir o seu normal funcionamento do Sitio Web. Autorízase a impresión e descarga de extractos dos contidos deste Sitio Web unicamente cando se realicen para uso persoal e privado.
- Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o titular resérvase o dereito, en calquera momento e sen notificación previa ás persoas usuarias, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do Sitio Web, de forma unilateral, e polo qué o Titular resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como as condicións particulares que, no seu caso, se inclúan, mediante a publicación das ditas modificacións no Sitio Web co fin de que poidan ser coñecidas polas persoas usuarias, e dende aquí recomendamos que estas sexan consultadas polo “usuario” periódicamente.
Exoneración de responsabilidade do Concello
Este Titular non será responsable, en canto:
- Con carácter xeral, do uso inadecuado do seu Sitio Web.
- En relación con posibles deficiencias técnicas, o titular non será responsable en ningún caso das alteracións no servizo que se produzan por fallos na rede eléctrica, na rede de conexión de datos, no servidor ou en calquera prestación da aquí ofertadas.
- Este Titular adoptará aquelas cautelas técnicas necesarias a fin de protexer os datos e información á que se accede, pero non será responsable de actuacións de terceiras persoas que vulnerando as medidas de seguridade establecidas, accedan aos citados datos.
- Este Titular queda exonerado de toda responsabilidade que puidese derivarse da contención de código malicioso de terceiros nos tratamentos habilitados neste Sitio Web.
Utilización e Uso de hiperenlaces
O usuario deberá de ter en conta que neste Sitio Web, poderá atopar diversas ligazóns que lle conducirán a outros Sitios Web independentes deste, coa finalidade de facilitar o acceso a outras fontes de información dispoñibles na Internet e que poidan estar relacionadas ca deste Concello e con respecto dos dereitos de propiedade intelectual que, no seu caso, poidan corresponder aos seus autores. Con todo, este Concello non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ou os contidos de ditas ligazóns.
O Concello titular deste Sitio Web, non asume responsabilidade algunha por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen ocasionarse polo uso de ligazóns (links), directorios e ferramentas de procura, que permiten aos usuarios acceder a sitios web pertencentes a terceiros así como da presenza de virus ou outros códigos maliciosos que nos contidos deles poidan aparecer e producir calquera tipo de danos no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros do Usuario deste Sitio Web.
Non está permitido introducir no Sitio Web deste titular, ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta ben sexa sobre o propio Concello e os seús servizos, a súa corporación, o seu persoal, ou en calidade dos servizos prestados e tampouco da cidadanía en xeral ou en particular.
Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan o Sitio Web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos deste Sitio Web municipal, de forma que: produza ou poida producir erro, confusión ou engano nas persoas usuarias da procedencia dos contidos; Ou supoña un acto de comparación ou imitación desleal; Ou sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio deste Concello e os seús servizos; ou de calquera outro xeito que resulte prohibido pola lexislación vixente.
O usuario deberá de ter presente que os hiperenlaces contidos neste Sitio Web do Concello poden dirixir a páxinas web de terceiras persoas. Este Titular, non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer no dito sitio de terceiros, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre este Concello Titular do Sitio Web e das persoas ou entidades (públicas ou privadas) Titulares de tales contidos. En canto a Propiedade intelectual do Concello Titular de este Sitio Web, indicar, que queda prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo do Concello na páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados por este Titular, polo qué, non se permite o enlace a “páxinas finais”, o “frame” ou calquera outra manipulación similar, os enlaces deben ser sempre á páxina principal (homepage) do Sitio Web. Enlaces a canales de redes sociales (RRSS)
Este Concello por medio do Sitio Web do que é Titular, pode por a disposición das persoas usuarias por diferentes aplicacións (se fose o caso), medios de enlace que permitan as persoas usuarias dende este Sitio Web do Concello enlaces daquelas redes sociais xestionadas por terceiras persoas (Facebook, Twitter, etc.). Esta inclusión ten por obxecto facilitar as persoas usuarias o acceso a ditas canles nas redes sociais correspondentes. A persoa Usaria deberá de ter en conta que cando acepta as Condicións de Us ou Políticas de Privacidade de ditas redes sociais non teñen nada que ver cas propias do Concello, estás correponderán a entidade titular la RRSS da que se trate e o Concello non ten ningún tipo de responsabilidade sobre elas.
O enlace facilitado e a existencia de dito enlaces a RRSS non implica relación algunha entre este Concello e persoa ou entidade Titular da dita Rede Social, ni tampouco a aceptación por parte do Concello dos contidos ou servizos que o Titular da dita RRSS poida ofrecer e garantir o Usuario.
Este Concello en canto o uso das Redes Sociais nas que está presente, no facilitará ningún tipo de información privada ou confidencial sobre as súas persoas usuarias, sendo a súa única finalidade a establecida nas presentes Condicións Xerais de Uso das propia RRSS co fin de dar a coñecer actividades ou servicios de interes “actividades de programa cultural, servizos y/o eventos do Concello de interés para a súa veciñanza” e polo que, toda a información que o propia persoa usuaria desexe proporcionar a estas plataformas será baixo a súa propia responsabilidade, non intervindo o Concello en dito proceso. Sería importante lembrar que o Concello non ten control sobre o contido aloxado en ditas redes sociais (RRSS), e tan solo será polo tanto para a propia persoa usuaria a que deberá de consentir, recoñecer e aceptar as Políticas de Privicacidade e aquelas Condicións Xerais de Uso das propia RRSS, xa que o Concello non asume responsabilidade alguna polo contido nin polos servizos aos que a persoa usuaria poida acceder en Sitio ou RRSS. Recomendamos as persoas usuarias, extremar a cautela na utilización das redes sociais RRSS, o igual que non deberán de ser usadas por menores de 14 anos, e en todo caso o tratarse de menores de idade lembrar se teñan en conta o “control parental” para poder acceder.
Xurisdicións e lexislación aplicable
O Concello como titular resérvase o dereito de exercitar as accións legais que considere oportunas derivadas de calqueira uso ilícito por parte de terceiros e/ou usuarios dos contidos ou servizos deste Sitio Web (dominio principal e subdominios). Informar aos interesados en xeral e usuarios en particular, que calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou a utilización deste Sitio Web será de competencia dos tribunais de Ourense.
Actualización: xaneiro 2025.
Delia Pérez
(Delegada de Protección de Datos do Concello de Paderne de Allariz)