EDICTO
INCENDIOS FORESTAIS
A normativa de protección contra incendios forestais obriga que os propietarios, arrendatarios ou usufructuarios de parcelas que se atopen dentro dos núcleos de poboación ou próximas a calquera vivenda, TEÑEN A OBRIGA DEMANTELAS LIMPAS de herbas, rastroxos, maleza, lixo, etc.para evitar deste xeito o risco de incendios forestais.
Nun perímetro de 50 metros, arredor dos núcleos de poboación, ou de calquera vivenda illada, deberase manter o terreo perfectamente limpo libre de vexetación seca e coa masa árborea aclarada, tal como establece o artigo 21 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
Estos traballos deberán estar executados, antes do 31 de maio do 2024. Na faixa dos cincuenta metros, non se permite a existencia das sequintes espécies arbóreas:
-Piñeiro, mimosa, mimosa negra, eucalipto, xestas, toxos, silvas, fentos…
Os titulares de fincas que non se atopen limpas, serán RESPONSABLES TANTO CIVIL COMO PENALMENTE, POLOS POSIBLES DANOS QUE SE PODAN OCASIONAR tanto a persoas ou bens, como consecuencia de incendios forestais nos que a súa orixe sexa a falta de coidado debido das parcelas, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñerde conformidade coa lexislación vixente.
LIMPEZA FAIXAS SECUNDARIAS
Informáselle que os propietarios de parcelas sitas nas faixas secundarias dos núcleos das parroquias de Cantoña e Solbeira, teñen a posibilidade de asinar un contrato recollido no Anexo III do Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a Fegamp e Seaga, para que ésta se encarque da limpeza das mesmas ou si xa foi asinado proceder o pago da correspondente tarifa antes do 31 de maio de 2024.
O que se pon en eral coñecemento para os efectos oportunos. Paderne de Allariz, 3 de maio de 2024
EDICTO
INCENDIOS FORESTAIS
A normativa de protección contra incendios forestais obriga a manter libres de biomasa as parcelas que se
encontran dentro da delimitación dos Núcleos Rurais, así como as situadas na franxa de 50 m. que bordea a referida delimitación. Igualmente existe una zona de protección contra incendios de 50 m. ás edificacións illadas.
O que se fai público, reiterando a obriga dos propietarios dos terreos, de mantelos limpos de maleza para evitar a propagación do lume. (Prazo límite: 31 de maio de 2024) Independentemente doutras posibles responsabilidades en que podan incorrer os propietarios infractores, o Artigo 17 da Ordenanza municipal reguladora establece multas coercitivas que oscilan entre os 150,25 e os 3.005,06 Euros.