Obradoiros de apoio e asesoramento familiar ``EDUCANDO FERMOSO``
CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ
Ideas e reflexións para educar dende o respeto, o amor, a firmeza e a constancia.
18 de outubro – 10:30h a 12:30h
O seu poñente, Mauro Santos, nos recordaba a necesidade de favorecer e alimentar de experiencias sociais nutritivas as/aos nosas/os fillas/os para aumentar a súa capacidade para facer boas eleccións no futuro ou na adolescencia. Insistía nesta 3ª sesión, na importancia de incrementar o sentido de pertenza, a significanza, o trato xusto e respectuoso; e na autonomía dos máis pequenos da casa. Explicando que estas catro ideas son capaces de evitar situacións problemáticas no futuro.
Dende o Concello de Paderne de Allariz, non podemos facer outra cosa máis que invitarvos a esta marabillosa iniciativa, cofinanciada pola Consellería de Benestar Social da Xunta de Galicia e que visto o que vimos e vivimos nestas tres sesións, é máis que necesaria para calquera familia.
Anota na axenda, encontrámonos o día 18 de outubro.
Inscríbete nos Servicios Sociais, por correo electrónico en servizossociaisconcellodepaderne@hotmail.com ou no teléfono 988 293 000.