EDUCANDO FERMOSO
O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ A TRAVÉS DO OBRADOIRO “EDUCANDO FERMOSO” LEVOU A CABO DÚAS SESIÓNS PARA PAIS E NAIS CON GANAS DE REFLEXIONAR E APRENDER SOBRE A PARENTALIDADE E MATERNIDADE POSITIVA A TRAVÉS DE Smart Corner Educación.
O seu poñente, Mauro Santos, nos recordaba a necesidade de favorecer e alimentar de experiencias sociais nutritivas as/aos nosas/os fillas/os para aumentar a súa capacidade para facer boas eleccións no futuro ou na adolescencia. Insistía nesta 2ª sesión, na importancia de incrementar o sentido de pertenza, a significanza, o trato xusto e respectuoso; e na autonomía dos máis pequenos da casa. Explicando que estas catro ideas son capaces de evitar situacións problemáticas no futuro.
Dende o Concello de Paderne de Allariz, non podemos facer outra cosa máis que invitarvos a esta marabillosa iniciativa, cofinanciada pola Consellería de Benestar Social da Xunta de Galicia e que visto o que vimos e vivimos nestas dúas sesións, é máis que necesaria para calquera familia.
Anota na axenda, ao pasar o verán, encontrámonos o día 20 de setembro e o 18 de outubro.
Inscríbete nos Servicios Sociais, por correo electrónico en servizossociaisconcellodepaderne@hotmail.com ou no teléfono 988 293 000.