MELLORAS PARA A EFICIENCIA HIDRAULICA E REDUCION DE PERDAS DE AUGA NO ABASTECEMENTO (AU301E)
O Concello de Paderne de Allariz é beneficiario da subvención para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación menor de 20.000 habitantes, para o ano 2025 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, por importe de 38.847,18 €. A actuación subvencionada e “Melloras para a eficiencia hidráulica e redución de perdas de auga no abastecemento”. O contrato obxecto da actuación foi adxudicado a empresa Teswater global SLU.

