PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025
PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (Feader)
O Concello de Paderne de Allariz dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, busca facilitar o acceso as parcelas agrícolas dos veciños deste Concello. Por elo, acometeuse a obra denominada: Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, no Concello de Paderne de Allariz.
Dita obra consta de dúas actuacións:
1.- Actuación en Vilameá – Granxa
2.- Actuación en Solbeira
O que se pretende e evitar a despoboación do rural e facilitar as condicións de vida e os servizos básicos dos veciños do Concello mediante actuacións que melloren a accesibilidade, mobilidade e a seguridade cidadá.
O importe da obra e de 43.802,00 € e foi adxudicada a empresa “Construcciones y almacenes Manuel Viso e Hijos, S.L.”