OBRADOIRO DE ROBÓTICA PARA CATIVOS
CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ
OBRADOIRO DE ROBÓTICA PARA CATIVOS
Disfruta do Nadal en Paderne
O período vacacional de Nadal é unha oportunidade única para ofrecer ás familias actividades que combinen ocio e aprendizaxe. A robótica educativa, integrada nas ciencias STEAM, permite que nenos e mozos aprendan de forma práctica e divertida, desenvolvendo competencias clave do século XXI: pensamento lóxico, creatividade, traballo en equipo e resolución de problemas.
Dende o Concello de Paderne de Allariz e SMART CORNER Educación Emocionante entendemos a aprendizaxe como unha experiencia activa, emocional e compartida. Achegamos unha novedosa proposta para este Nadal; unha xornada lúdica e educativa que espertará a curiosidade e que fomentará a adquisición e desenvolvemento de competencias tecnolóxicas e creativas fundemantais.
Toma nota dos datos máis importantes:
• Obradoiro de achegamento a robótica educativa e as ciencias STEAM a través de ferramentas, actividades e xogos adaptados a cada un dos grupos de idade.
• Traballaremos a construcción robótica, a programación, o deseño 3D, o debuxo 3D, a realidade aumentada e virtual e algunhas sorpresas máis.
• Día 2 de xaneiro de 10h a 14h, con dous grupos de idade con actividades diferenciadas. De 5 a 9 anos, e de 10 a 14 anos.
• Necesario traer merenda para media mañá.
Inscripción directa a través deste enlace https://pdf.ac/WTjU4Cy13 ou no teléfono 687 285 913.
Documento Inscripciones: InscricionObradoirosROBÓTICAenPADERNE

