SUBVENCION CONTRATACION PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL GARANTIA XUVENIL (TR350E)
O Concello de Paderne de Allariz é beneficiario da subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidad Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, (TR350E) para o ano 2025 (Orde do 13 de agosto de 2025 da Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración, DOG nº 160 do venres, 22 de agosto de 2025) e por importe de 16.380,09 €. A citada subvención foi destinada para a contratación dunha persoa como auxiliar administrativo para as dependencias municipais co obxectivo principal de prestar un mellor servizo a cidadanía.

